Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Perdemos a Geluco cando Feijóo e o PP teiman, lacaios dun capital autócrata, indolente e destemido en botar abaixo moito do que el axudou a construír. O tempo de cada un de nós se compón en boa medida das persoas  que o habitan e un anaco significativo do meu  ten nome,  apelidos e alcume propio, Anxo Guerreiro, Geluco. A cultura política na que me recoñezo e me explica a compartín con el, é a dun Partido Comunista de Galicia, preñado de debates, acordos e desacordos sobre como gañar a democracia,  a xustiza social e as  liberdades nacionais. A militancia incansable e optimista de Geluco atravesou todo o país e encheu de razón crítica unhas paredes, as do Parlamento, que adoitan recibir moitos máis ecos que voces segundo distinguira Machado.  Estou certa que o seu dicir e facer, unitario tanto como loitador, son aprendizaxe feraz das que somos  peregrinas desa arela  formidable que tracexa unha Galicia traballadora e con cultura emancipada da barbarie capitalista.