Creba democrática
Eis no eido político o debate que se produciu na primeira Transición. Daquela as forzas políticas nacionalistas de esquerda galegas, catalás e bascas apostaron pola ruptura democrática e as forzas de ámbito estatal pola reforma. Na actualidade a descomposición do réxime político que naceu da Reforma sitúa de novo esta cuestión como un dos eixos sobre os que se van formar as alianzas políticas.
As forzas políticas galegas que apostaren pola creba democrática e a soberanía necesariamente deberán procurar aliados non só na Galiza senón que tamén nas outras nacións –sen renunciar a buscalos entre as forzas de carácter estatal que se definen como rupturistas– co obxectivo de sumar forzas que fagan críbel a apertura dun novo proceso constituinte no que o imaxinario político do final da ditadura poida ter unha expresión xurídica.
Fronte aos meus ollos un amplo horizonte. O Cantábrico agarda, calmo, o mencer.
