Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Seica o alcume que lle puxeron a ese novo invento de lei que sacou hai uns días o Goberno do Estado é, o de “Lei Mordaza”. Dis que é unha lei para mellorar a seguridade cidadá, mais as referencias ata agora non son nada tranquilizadoras. Parece que traerá importantes recortes sobre os dereito de reunión, expresión e manifestación. E o das multas é algo impresionante, pois se fala de varios miles de euros por participar nunha manifestación e berrar inxurias, calumnias ou acusacións contra das autoridades ou institucións. E como normalmente os que se manifestan non poden permitirse pagar esas multas, parece que poderían entrar na cadea sen pasar perante o xuíz. O que non entendo é que, sendo unha lei tan inxusta, fose aprobada no Parlamento sen máis protestas que uns poucos deputados coa boca tapada. Debería ser toda a Oposición a que se negase a participar na votación saíndo do local en bloque. Porque a oposición ten que servir para algo máis que cobrar. Non si?