PACTOS
Coido que os cidadáns están cada día máis convencidos de que as maiorías absolutas non son boas para a xente e, xa que logo, o mellor é que gobernen aqueles partidos que se poñan de acordo, cedendo todos un pouco da súa ideoloxía, para artellar un programa que lles permita gobernar dun xeito eficaz e honrado, cumprindo no posible as promesas feitas aos electores. O intento por parte do partido agora no Goberno de acadar unha lei que permita gobernar á lista máis votada é o reoñecemento implícito da súa incapacidade para pactar con outros partidos máis ou menos afíns. Paréceme que, no canto de pretender acadar gobernos por medio dunha lei democráticamente inxusta, o PP debería esforzarse en buscar os motivos polos que ninguén quere pactar con eles. Porque os pactos para gobernar son un medio democrático para poder resolver os problemas dos concellos e impedir que unha maioría simple goberne como se fose o desexo de toda a cidadanía. Segundo o vexo eu, claro.
