Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Quen me coñecen un poco saben da miña teimosía para o que entendo xusto. Teimosía, tenacidade, se queren, que fai que Charo Fierro (de Huerga&Fierro) dera en alcumarme hai anos como “Panzer”, aquel tanque contundente que non paraba por atrancos que puxesen no seu camiño. Algo así eu, dentro das miñas limitacións. E se son teimoso co que me importa un pouco imaxinen co que entendo de veras de estricta xustiza. Aí si que non paro.

Por exemplo co choio, solicitado hai un ano, por outras persoas, de calidade intelectual e humana, que pedirán para Xermán Castro Tomé “Man”, o posto de cronista municipal de Ferrol, baldeiro desde a morte de Mario Couceiro. Eu adoptei a idea como propia, e desde aquela escribín algunha columna pedindo urxencia na resolución da proposta. As cousas deben de ir a paso de tartaruga, ou talvez a estean apodrecendo nun faiado do Concello, non sei. Estamos no país ineficaz aquel, do que falara Gil de Biedma, cunha historia condenada sempre a repetirse, como escribira Ángel González.

Pero eu, ademais de moi teimoso, son un optimista histórico, e sigo a crer que unha cidade cal é Ferrol non pode permitirse o luxo de prescindir de xente como Xermán Castro. Xubilado activo, home de prensa de toda a vida, primeiro director dun xornal como Diario de Ferrol, que toma decotío o pulso cidadán. Algo así un cronista municipal, ese cargo nada prescindible. Aínda que alguén o pense. Xermán Castro, Cronista. ¡Xa!