Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Son cansinas e nocivas as mentiras do PP porque causan paro, necesidade e angustia, fan enfermar a familias acosadas pola necesidade dun traballo imposible e lastran o desenvolvemento de Ferrolterra. Falo do naval, que é vida para esta terra. Falo dun sector económico ao que lle negan Feijóo e Rajoy hoxe, ZP onte, o carácter estratéxico; e que  froito das súas mentiras e deixacións perdeu a metade dos empregos xerados directa e indirectamente, caendo de 17.000 a 8.500. Esta última batalla do naval de Ferrol céntrase en conquerir carga de traballo suficiente e estable e un plan de investimentos productivos que vaia do dique flotante e do novo dique cuberto ás dotacións para Navantia Fene para que volva á construcción civil pública. Carga de traballo suficiente  e emprego estable e con dereitos que son elementos clave da vida económica e social para esta terra. Este domingo todas e todos temos que encher de forza e razóns as rúas de Ferrol. O naval forma parte da nosa vida social e non queremos que acaben con el os mandadiños de Feijóo e Rajoy.