Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Penso que está moi ben todo iso que se quere facer na cidade. Sempre estamos a facer cousas, aínda que, a verdade, non o pareza. Certo é que o que aquí se quere facer semella que leva máis tempo facelo que noutros sitios. Mentres tanto, parece que estamos a velas vir, a ver se alguén de verdade alguén fai algo con algo de xeito e, en vez de empezar polo tellado pon primeiro os cimientos. Quero dicir que isto de converter o centro do barrio da Magdalena en zona peatonal total é moi bonito, aínda que é palpable que non todo o mundo o comparte, pero que, a lo mellor –xa digo, a lo mellor– hai outras cousas máis urxentes, mesmo iso de atallar a vergoña que supón que quen nos visita por mar o primeiro que se atopen sexa cun barrio en ruínas. Claro que nesta cidade todo o mundo quere o mesmo e ó mesmo. Casi nada. De feito, así nos vai. Moi ben iso de por de cores o centro, aínda que para ser un terreo illado coa contorna feita uns farrapos e, polo que se ve, sen ter a prioridade que se está a demandar. E así seguimos, sen que o pouco que se ve sirva para darnos conta de que se fixo.