Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Filla de labrego reconvertido en obreiro da mina d´As Pontes, Medos Romero emprega a palabra poética  para mostrar no seu libro, A ansia do lóstrego, o inmenso amor por unhas terras saqueadas por unha minería agresiva. Terras espoliadas dos seus recursos naturais pola voracidade inherente ás industrias de enclave, aquelas que están na nosa xeografía pero moi pouco na nosa economía. As rotopalas foron desenterrando en millóns de xornadas laborais o lignito pardo, para o convertir en pingües beneficios dos empresarios do sector eléctrico.

Penso no paralelismo da situación abordada por Medos coa reflectida polo uruguaio Eduardo Galeano na súa obra, Las venas abiertas de América Latina, na que denuncia o espolio das riquezas naturais da rexión por parte dos imperios coloniais e os estados imperialistas. Son outros tempos e outras terras, pero é a mesma rapina. Velaí o que pretenden en Corcoesto.