Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Acelerando o estoupido

Coido que os parlamentos como expresión da vontade popular son un gran avance democrático. Mais, en moitos países, os procesos electorais e a propia vida parlamentar non representan acaidamente a vontade dos electores, as súas inquedanzas e problemas, xa que están condicionados polos grandes medios sistémicos e grupos de poder.

Daquela non é estraño que haxa partidos, especialmente aqueles defensores do sistema económico e social imperante, que unha vez instalados no Parlamento esquecen as promesas electorais, priorizando intereses persoais ou de grupo, ou se comportan na oposición como se a cámara por riba das diferenzas fose un clube de amigos, por iso da cortesía parlamentar. Un xeito de axer que non responde a un contexto de duro reaxuste social, que está a causar taxas de desemprego abraiantes e sumindo na máis absoluta precariedade, cando non na pobreza, a milleiros de familias galegas.

Os parlamentos (os partidos) non poden ficar á marxe de situacións tan graves e do estado de ánimo da xente. A solución nunca pode ser, pechar as portas da institución aos sectores máis dinámicos, que procuran saídas a problemas moi graves e urxentes ou a inxustizas evidentes. Non abonda con ter a maioría absoluta nunhas eleccións, especialmente se a abstención é moi alta e existen tantas débedas históricas pendentes, como na Galiza. Cómpre ademais capacidade para entender a conxuntura e aumentar a participación da sociedade na gobernabilidade. Non parece ser hoxe o caso. No PP entenden que gañar as eleccións converte en correcto todo o que decide, porque a legalidade institucional fica do seu lado. Mais, cada paso que dá ignorando o dinámico do momento, afástaos máis da realidade social, a que bule na rúa. Deste xeito aumenta a fenda coas clases populares e, como non podía ser doutro xeito, coa oposición no Parlamento.

Hai quen, dentro dos muros do Parlamento, ou na comodidade do chalet, coida que a pobreza e marxinación, a destrución da nosa identidade nacional, son só problemas de votos e poder, e trabúcanse. Neste contexto, na Galiza son a mecha e a pólvora, e o PP semella que por desprezo quere acelerar o estoupido.