PPIRÓMANOS
Os lumes comen un país que o goberno da Xunta non é quen, ou non ten interese algún, de devolverlle o pulso da vida. Os incendios queiman unha terra, a do interior, que de maneira estrutural a Xunta de Galicia afoga pechando explotacións, devastándoa co ladrillo, as minas e o desleixo. País que se baleira a conta de non ter oportunidades de vida, traballo e esperanza, a penas pasto de lapas que especulan con beneficios a curto prazo. Feijóo abandona a terra e malbarata os dispositivos de prevención e loita contra os lumes: recórtanse medios materiais e humanos, non se cubren as vacantes das brigadas, se contrata caciquilmente, falla calquera coordinación entre empresas concesionarias (porque todo se privatiza) concellos e Xunta, nun proceso que quere destruír o servizo público de defensa contra os incendios. Como no tema do bunkering ou dos colexios que segregan por sexo priman ocorrencias e nepotismos que fan cartos privados coas faíscas que destrúen a nosa riqueza natural.
