Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Segundo explicaban os altos analistas do nacionalismo galego, non lles parecía moi serio que dentro da corrente política houbese máis partidos, formacións e agrupacións que formacións rochosas nos montes de Quiroga. Algúns deses expertos non vían moi claro que tanta amálgama de xente estivese unida de xeito tan artificial no Bloque sen que se desangrase por calquera punto. Disto xa se falaba hai anos, tempo antes de que chegasen a ocupar as alfombras de San Caetano.

Se as eleccións autonómicas se desenvolven no prazo previsto, os nacionalistas veranse nun apuro para “facer chegar a súa mensaxe”, como din, ao corpo electoral

Ao final, sucedeu, como xa é sabido. O caso é que todo parece que os nacionalistas galegos van ter nas próximas eleccións autonómicas tres partidos onde elixir: o BNG de 1982, o BNG segunda edición corrixida e aumentada e os máis habituais que seguirán votando polo PPdeG, facendo un pouco oídos xordos ás directrices de Madrid, porque os galaicos nunca foron de esquerdas. Se antes había que facer un curso de doutoramento para coñecer en profundidade todas as formacións que se incluían no Bloque antigo, agora xa será preciso unha carreira de ciclo superior para entendelo.

Por citar un exemplo que anda en boca dos non expertos. Como se explica que Carlos Aymerich impulse unha corrente que se escinde do BNG, el non marcha e por riba crea outro grupo dentro da formación? Non se entende. Calquera militante parece que é dono e señor das súas opinións e libre de establecer unha nova fronte. Como explicaba un recoñecido militante do Bloque: tanta corrente divide o esforzo e reduce o impulso por correr cada un na mesma dirección, pero dispersos.

As mensaxes que chagan á sociedade galaica desde o BNG oficial dan a sensación de seren algo resesas e faltas de contido, por moito que os seus dirixentes se apresten a encabezar os centos de manifestacións que percorren as rúas das cidades galegas neste meses. Nin oposición saben facer ao realizar un discurso a cabalo de ideas nacidas en 1960 ou 1815 e moi dependentes dos seus supostos aliados do PSdeG, que case nunca falan de posibles alianzas cos nacionalistas. O apoio incondicional dado polos deputados do Bloque ao Goberno de Zapatero foi unha alianza que non se entendeu moi ben en Galicia.

Se as eleccións autonómicas se desenvolven no prazo previsto, os nacionalistas veranse nun apuro para “facer chegar a súa mensaxe”, como din, ao corpo electoral, que parece que xa o ten claro. Unha simple sondaxe tabernaria, entre vaso de viño clarete e branco Castilla, da un resultado inapelable, como os do fútbol. A maioría dos posibles votantes só coñecen quen é Fraga, Feijóo ou Beiras, aos outros case nin saben situalos. Se Jorquera é descoñecido para o 80 por cento dos galegos, non digamos os Vázquez e máis se a un deles o confunden con Patxi López e ao outro cun ex embaixador.