Reforma electoral
Supoño que a cidadanía estaría satisfeita se houbese unha reforma da lei electoral cara a conseguir que o voto teña igual valor, sexa cal sexa o lugar de residencia do votante, cousa que non ocorre coa lei actual española, que perxudica a os partidos minoritarios. Isto sábeno ben os dous partidos políticos hexemónicos. Ambos tiveron oportunidade de cambiala cando gobernaron con maiorías absolutas, pero non o fixeron. Agora, o partido gobernante quere reformar a lei para decidir que goberne nos concellos a lista máis votada, o que sería aumentar aínda máis a inxustiza da vixente lei. Desde o punto de vista dos partidos políticos que soen acadar o maior número de votos, a letura é: “Debo gobernar eu, porque así o decidiron os cidadáns”. Mais esa afirmación é incorrecta, pois non habendo maioría absoluta, a realidade é que unha maioría de cidadáns non quere que goberne ese partido. Esa debería ser a verdadeira letura dos resultados de calquera votación.
