Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

Arrancan as protestas dos estudantes contra a Lomce

0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
0620_liceo_redideal_251121_tamara
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_obradoiro_redideal_251121_tamara

A de hoxe é a primeira das tres xornadas consecutivas de folga que o Sindicato de Estudantes ten convocadas para esta semana a nivel de todo o territorio español. En Ferrol, o colectivo fai un chamamento aos moxos do ensino medio e universitario para secundar unha nova “semana de loita” en defensa da educación pública e contra a reforma educativa promovida polo ministro de Educación, José Ignacio Wert, a denominada Lei para a Mellora da Calidade Educativa (Lomce).

Baixo o lema “Non ó ensino franquista”, o sindicato estudiantil considera que tal reforma “pretende devolvernos a un sistema educativo franquista”, no que os fillos dos traballadores non teñan acceso a unha educación de calidade, din. “A redución de orzamentos adicados ó ensino, os itinerarios para botarnos ó mercado laboral antes de entrar no Bacharelato, ás reválidas, a designación do director desde a Administración e o poder que se lle outorga mesmo para decidir sobre a continuación dos profesores no centro son algunhas das medidas concretas para conseguilo”, salientan.

Denuncian tamén que “a estas alturas todo o mundo ten claro que non pretenden mellorar a calidade do sistema educativo, senón aforrar cartos para regalárllelos ás empresas e á banca”, facendo referencia así mesmo ao caso Bárcenas como exemplo de que “os gobernos están ao servizo dos intereses do capital”.

Por isto, consideran que “esta loita só a gañaremos se conseguimos derrubar o goberno do PP e por iso non imos parar ata conseguilo”, afirman.

accións

Na cidade ferrolá, as tres xornadas de folga convocadas –hoxe, mañá e o xoves– irán acompañadas de diferentes mobilizacións.

Para hoxe está prevista a presenza en varios puntos da cidade de piquetes informativos que repartirán octavillas sobre as súas reivindicacións. Mañá, os estudantes están chamados a unha manifestación que partirá ás doce desde a Praza de España –diante do Edificio da Xunta– mentres que o xoves levarase a cabo unha concentración, ás sete da tarde neste mesmo lugar, á que tamén están convocados as nais, pais e profesores.

Unha reunión o venres na Librería Marxista para facer balance das protestas pechará o calendario de accións.

0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251121_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara