Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

A Biblioteca do Alto inicia un intenso mes de actividades

0620_obradoiro_redideal_251121_tamara
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
0620_liceo_redideal_251121_tamara
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos

O mes de decembro a Biblioteca do Alto en Narón ofrece unha intensa programación. Así, do martes 9 ao xoves 11, de 18.00 a 20.00 horas, celábrase un obradoiro de Educación Alimentaria dirixido a pais e nais de nenos a partir de seis meses. Hai 20 prazas e os interesados poden reservar praza na biblioteca ou chamando ó número 981 382 173.
O sábado 13 de decembro terá lugar o contacontos para bebés “Bicos con leite” a cargo de Charo Pita. Haberá dúas sesións, con 15 prazas cada unha. Como actividade paralela, permanecerá exposta do 9 ao 13 de decembro unha selección de contos infantís e manuais de adultos sobre a lactancia materna. O sábado 20 de decembro, de 11.00 a 12.00 horas, haberá outro contacontos, esta vez dirixido a nenos de 4 a 8 anos. Trátase da iniciativa “Os recunchos do Nadal”, a cargo de María Cagiao.
Do 22 de decembro ao 5 de xaneiro levarase a cabo o préstamo de lotes sorpresa “a cegas”, previamente seleccionados polo persoal da biblioteca. Trátase de paquetes de 3 elementos cada un (libros, CDs, DVDs) para nenos de 0 a 14 anos (divididos en catro grupos de idade). O obxectivo é que teñan acceso aos materiais de máis calidade estética “que moitas veces deixan de lado por seguir as modas comerciais da literatura infantil”.
A Concelleira de Bibliotecas de Narón, Mª del Carmen Espada, presentou dúas iniciativas novidosas de próximo funcionamento: a “Biblioteca Quitapenas”, unha campaña de doazón de produtos básicos non perecedoiros (arroz, aceite, conservas e produtos de hixiene) con destino ao Centro de Recursos Solidarios. Esta campaña está aberta xa e indefinidamente.
Ademais, durante o Nadal organízase a “Biblioteca Quitapenas cun xoguete” que consiste na recollida de xoguetes –novos ou usados, pero en bo estado– ata o 29 de decembro, co mesmo destino.

0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251121_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos