Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

“Sempre me inspiro en Galicia, mentres me dispoño a crear, a miña terra ten moita cultura”

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

A Asociación de Veciños de Esmelle encontrase rehabilitando unha casa rural na zona da Cochera onde se ubicará o primeiro Museo de Cerámica do encuadre turístico do Val de Esmelle. Os veciños están a facer todos os esforzos necesarios para que o abran canto antes. A obra que expoñerán no interior será do artista Fenés Francisco Pérez Porto, un apaixoado da cerámica e inspirado na súa terra, Galicia.

Que poderá ver toda a xente que vaia ata a casa museo?

A casa que albergará a miña obra vai ser toda a obra de cerámica que é o que eu máis traballo, ainda que podemos poñer algunha obra como por exemplo algún cartel que teño feito. Pero o amplo traballo é a cerámica que utilizo para crear diferentes esculturar e cuadros.

En que se inspira para facer estas obras?

Eu sempre en Galicia, non teño outro mundo na miña mente mentres me dispoño a crear. Non teño outro tema recurrente, por así decilo, a miña terra ten moita cultura e temos de sobra para beber dela e compoñer moito arte, ao mismo tempo vivir dela se hai posibilidade.

Cando se presente toda a obra en Esmelle, Ten pensado facer unha presentación incluindo cante ou tocando algúns acordes da súa guitarra?

Polo momento aínda non están concluidas as obras de rehabilitación da casa rural, non o pensei moito, pero posiblemente sorprenda utilizando algún dos meus recursos, non hai problema.

Teñen data para o inicio da exposición?

Aínda non hai data, esto todo o está a facer Esmelle co o seu esforzo, un grupo de persoas da zona tanto na idea deste novo proxecto, como económicamente poñen todos os seus empeños en que este espazo rural teña un recoñecemento e se poida saber un pouco máis da cultura local. A Asociación de Esmelle e a que está a cargo de todo este problema. Polo tanto o acceso será completamente gratuito unha vez estea aberto ao público.

Vostede tamén ten unha vena musical, pero quedaríase coa vocal ou a que elabora coas máns?

Indudablemente eu me quedo coa cerámica, non me fai falla pensalo, sen dúbida. Ainda que a música, sei tocar a guitarra nacín dentro dun ámbito musical, pero a cerámica é o que me leva, dende ben novo.

A casa rural ten algunha historia especial?

A casa é de un veciño de Esmelle, resulta que se di que foi Concello de Esmelle, cando Esmelle constituíase coma un Concello e na historia, fai moitos anos, os mais vellos din que iso constituía o edificio local hasta que Serantes o absorveu. A forma de traballar por aquel entón era reunirse os ancianos e os seus fillos, os máis novos, o pobo en xeral trataba os temas que xordían para chegar a un entendemento ou solución en común. Pero xa fai anos que a edificación non albergaba ningún tipo de actividade e agora estará viva de novo aunha vez rematen as obras.

Nesta ubicación, poderase ver toda a súa obra ou unha parte?

A obra por completo é imposible de recoller alí, pero poñer as pezas que seleccione, que se vexa que poden lucir alí e despois iremos cambiando cada ano ou cada dous anos, como consideremos conveniente despois dun tempo á vista da xente que o visite.

Do encuadre rural do Val de Esmelle onde encuadrase a casa. Que destacaría vostede?

A paisaxe de Esmelle é bonita no seu conxunto, as ladeiras, os ríos pequenos que pasan dando lugar as fontes o os lavadeiros onde as mulleres lavaban a roupa fai alguns anos, os árbores e toda a natureza é moi inspirador, relaxante é un pracer que recollan alí o meu traballo.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620