Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

O Real Coro Toxos e Froles celebra o II Concurso de Cuartetos Tradicionais

0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
0620_liceo_redideal_251121_tamara
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_obradoiro_redideal_251121_tamara

Por segundo ano consecutivo, o Real Coro “Toxos e Froles” organiza o seu Concurso de Cuartetos, con instrumentos tradicionais galegos. A final do certame terá lugar o próximo sábado, 23 de febreiro, ás 20.30 horas, na sede do Real Coro (Magdalena, 220) e está dotado dun premio único de 1.200 euros.

As formacións seleccionadas para esta cita son Xente Nova, de Ferrol; Vedoira, de Lugo; Os Picurruchos, de Lugo, e Angaso, de Ourense. Mentres delibera o xurado actuará o grupo de cantareiras Algarabía, pertencente á asociación de veciños de Lago, en Valdoviño.

Este concurso será a segunda proposta cultural e musical que se desenvolve dentro das Xornadas Culturais Abertas postas en marcha polo Toxos e Froles durante o presente 2013 e que terá continuidade ao longo deste ano. Así, o próximo 23 de marzo actuará na sede da entidade ferrolá o cantareiro e percusionista Davide Salvado, co seu novidoso xeito de entender e representar a música tradicional. A continuación, unha das grandes atraccións da temporada celebrarase o 27 de abril, data na que estará un dos máis ilustres representantes da música tradicional peninsular, o vasco Kepa Junquera, así como o prestixioso grupo castelán La Musgaña. A entrada aos concertos é libre.

aniversario e irmanamento

O próximo 1 de xuño o Real Coro Toxos e Froles celebrará o seu 98 aniversario nun acto que se levará a cabo no teatro Jofre. Ademais da case centenaria institución ferrolá, actuarán nesa xornada Cántigas da Terra, da Coruña, e o Rancho de Rendilheiras da Praça, de Vila do Conde, localidade lusa irmanada con Ferrol.

De feito, o citado acto tamén servirá para conmemorar os primeiros 40 anos de irmanamento entre a localidade galega e a portuguesa.

0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251121_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara