Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

“Afluentes 80” abre ó público en Vigo e chegará a Ferrol en abril

0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_obradoiro_redideal_251121_tamara
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
0620_liceo_redideal_251121_tamara
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos

O proxecto expositivo e editorial Afluentes, que desenvolven o Concello de Ferrol e Novacaixagalicia e co que repasan a creación artística galega desde a década dos 70 ata a actualidade, deu un novo paso coa inauguración en Vigo de “Debuxando un mapa. Alguentes da figuración en Galicia nos anos 80”. Trátase da segunda das tres mostras previstas –cos seus correspondentes catálogos–, que itinerarán por distintas cidades galegas ata febreiro do 2014. Só en Ferrol, cidade motor desta iniciativa, se verán todas as exposicións. De feito, agora está aberta no Torrente Ballester a primeira delas, “Afluentes 68”, na que se dá conta da entrada das correntes contemporáneas e se poñen as bases do desenvolvemento posterior, co grupo Atlántica como eixe. En abril será relevada por “Afluentes 80”, que estará no centro sociocultural de Novacaixagalicia na cidade olívica ata o 31 de marzo.

“Nos anos setenta Galicia e o contexto artístico estaba carente de proxectos de longo alcance, algo que só se conseguirá no ano 1980 coa irrupción de Atlántica”, explica un dos comisarios, Ángel Calvo. “Esta segunda etapa expositiva trata de reflectir como nos oitenta se vivía un fervor colectivo onde se multiplicaban as mostras, o debate arquitectónico se enriquecía, nacían revistas e a literatura emprendía unha forte renovación”.

A mostra atende tamén a quen desenvolveron o seu proxecto artístico á marxe deste grupo, vencellado principalmente a Vigo. “O fenómeno Atlántica, ó mesmo tempo que significou unha apertura e unha dose de visibilidade para os artistas galegos, significará un tapón para outros que se verán excluídos de moitas iniciativas”, comenta David Barro, responsable editorial do proxecto.

Jorge Barbi, Vari Caramés, Menchu Lamas, Álvarez Basso, Francisco Leiro, Manolo Paz, Din Matamoro, Tono Carbajo, Ángel Cerviño, Isaac Pérez Vicente, Juan de la Colina, Bosco Caride, Pamen Pereira, Manuel Vilariño, Berta Cáccamo, Guillermo Aymerich... son só algúns dos nomes que figuran nesta mostra e que, décadas despois daquel orixinal movemento consolidaron unha carreira artística chea de froitos.

0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251121_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina