Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

O teatro de Ferrol e Narón convértese en paso obrigado dos artistas máis populares

0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
0620_liceo_redideal_251121_tamara
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_obradoiro_redideal_251121_tamara

A actividade no teatro Jofre de Ferrol e no Pazo da Cultura fan coincidir este mes a algúns dos máis populares actores e actrices da escena española en Ferrolterra. Un feito que consolida, se fixera falta, os contenedores culturais locais dentro do circuíto das grandes compañías.

Así, o próximo sábado 9 o Jofre acolle a obra “Babel”, protagonizada por Aitana Sánchez Gijón. Nesta dura e precisa obra do australiano Andrew Bovell, dúas mulleres enganan aos seus maridos, ao mesmo tempo que eles están a traizoar ás súas mulleres. Matrimonios fracasados que non queren renderse e seguen tentando librarse do naufraxio a pesar de saber que a salvación é imposible. Todo se complica cando aparece en escena un detective que tenta pescudar por que unha muller decidiu subirse a un coche, en plena noite nunha estrada secundaria. Canda Sánchez Gijón, Pilar Castro, Pedro Casablanc e Jorge Bosch son os actores que dan vida a nove personaxes da peza.

Monólogo

Un rexistro ben diferente é o espectáculo “Una noche con Gabino (Diez años después)”, dirixida por Gina Piccirill, que se verá o día 16 no Pazo da Cultura de Narón. Desde a súa aparición en películas referenciais como ‘“El viaje a ningunha parte”, de Fernando Fernán Gómez, ou “Las bicicletas son para el verano”, de Jaime Chávarri, a presenza de Gabino Diego na pantalla é habitual. Neste caso, o intérprete achega unha obra que trata dun actor que quere montar o seu espectáculo e non atopa o fío condutor. Amores, desamores, éxitos, fracasos que o levan a expor o relativo que é todo. En clave de humor e mirando á xente aos ollos, Gabino interpreta a varios personaxes, algúns moi coñecidos polo público, que forman parte desa fauna humana que o influíu ao longo da súa vida.

Así mesmo, o Pazo da Cultura acolle o 2 de marzo a representación de “El tipo de la tumba de al lado”, unha comedia doce, baseada nunha novela da sueca Katarina Mazetti, que está protagonizada por Maribel Verdú, probablemente a actriz máis en forma do cine español actual. Aquí a popular artista interpreta o personaxe de Laura, unha viúva nova que é bibliotecaria. Amante da filosofía alemá, e moi pedante nos seus gustos, a súa vida cotiá está falta de cariño. Visita con frecuencia o cemiterio onde está enterrado o seu marido e alí coñece a Pablo, un granxeiro solitario que acode ao camposanto a visitar a tumba da súa nai. Entre eles xorde unha amizade que, a pesar do diferente dos seus caracteres, dará paso a outro sentimento.

0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251121_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara