Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

O Toxos presenta o disco que resume un século de vida co que abre os actos do seu centenario

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O presidente de Toxos e Froles, Arturo Lamas, presentou onte o disco conmemorativo que a entidade vén de gravar e que significa a primeira iniciativa cara o aniversario do seu centenario que se celebra o próximo ano. Lamas estivo acompañado polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, quen afirmou que “os ‘100 anos’ que lle dan título a este novo traballo discográfico constitúen un motivo de celebración e de orgullo polo labor realizado polo decano dos coros galegos a prol da nosa cultura e da música tradicional galega”.
Realizado polo estudio Casa de Tolos, o disco afonda no significado de Toxos e Froles a través dos ritmos máis populares das foliadas, das pandeiradas, así como tamén das melodías dalgúns dos mestres da música galega, como Pascual Veiga ou Juan Montes. Un total de 14 pezas entre as que se inclúen as foliadas de Comba, de Corrubedo e de Cortegada ou temas como “Lonxe da terriña”, “Ferrolada” e “San Benitiño”, entre outras.
O disco véndese a un prezo de 10 euros e pode adquirirse xa no propio lar do Toxos e Froles na rúa Magdalena. n

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620