Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

Certame para escoller o cartel da Festa do Polbo

0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
0620_liceo_redideal_251121_tamara
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_obradoiro_redideal_251121_tamara

O Concello de Mugardos acaba de convocar un novo concurso, esta vez para elixir o cartel que será a imaxe da vixésimo terceira edición da Festa do Polbo, que se celebrará o sábado 13 de xullo. Está dirixido ós maiores de 16 anos, que poden presentar os seus deseños durante todo mes de marzo no Rexistro ou a través de correo certificado (avenida de Galicia, 54, 15620)

As bases establecen como requisito que os traballos deberán ser orixinais e de tamaño DIN A3, sen limitacións de cores ou técnicas. Cada persoa pode entregar un cartel, que obrigatoriamente deberá incluír o texto “XXIII Festa do Polbo. Concello de Mugardos. Sábado, 13 de xullo de 2013”.

O premio consistirá nunha recompensa económica de 500 euros, ademais da publicidade que supón anunciar a Feira, cunha cartelería visible en distintos concellos.

O gañador decidirao un xurado formado por un representante de cada grupo municipal e por unha persoa relacionada co mundo do deseño. Ademais da súa propia opinión, deberán ter en conta o resultado dunha votación popular que se celebrará logo de que remate o prazo de entrega de orixinais. Os carteis presentados expoñeranse ó público durante unha semana, e así os cidadáns poderán expresar a súa opinión.

procesos abertos

O concurso de carteis súmase a outros certames que convoca anualmente o Concello de Mugardos e cuxo prazo de presentación está aberto ou está a piques de facelo. É o caso do sexto certame de poesía, que se fallará o día 21 de marzo e ó que se poden presentar poemas durante o mes de febreiro. Tamén se convocou o undécimo concurso de relato curto en galego, aberto do 18 de marzo ó 15 de abril e que se fallará o 17 de maio, Día das Letras Galegas. Ademais, ó longo do ano realizarase o certame pictórico Bello Piñeiro-Piñeiro Pose, que supera as vinte edicións.

0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251121_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara