Un total de 28 mozos e mozas de Ferrol e comarca son os finalistas do certame “Ferrol Canta”, que celebra a súa culminación a partir das 18.00 horas de hoxe na praza de Amboage e dos que só 15 sairán a cantar. O evento contará coas actuacións de María Villalón, gañadora da primeira edición do concurso de televisión “Factor X”; Calum, exconcursante de “La Voz Kids”; e a nova promesa Ricky Furiati. Ademais de facer de xurado, estes artistas interpretarán diferentes temas ao longo da tarde.
Uns 85 centros escolares de 21 municipios das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal participaron nesta terceira edición que implicou a máis de 50 candidatos iniciais con idades comprendidas entre os 6 e 18 anos. O gañador ou gañadora do certame obterá un cheque de 300 euros, un vale de compra de 200 euros e un curso de canto valorado noutros 200 euros.