Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

Máis de 15.000 visitantes sitúan como referente a Festa do Polbo de Mugardos

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

Mugardos foi unha festa. Desde primeiras horas da mañá as inmensas colas de vehículos para achegarse aos seis aparcadoiros da vila indicaban que a xornada, climaticamente inmellorable (calor pero con brisa), facían que tanto o peirao local como as rúas do casco urbano fosen un fervedoiro de visitantes. Segundo a Policía Local superáronse as previstas 15.000 persoas, o que converte a festa nunha das máis concorridas da comarca, con moitos visitantes chegados de diversos puntos de España, como salientaron desde o punto de información turística. O propio concelleiro de Cultura, Xosé Antón Bouza, calculaba onte que “posiblemente fose a edición con máis xente nestes 22 anos”.
Nunha ateigada carpa no parque da Constitución, ao final do peirao, a actividade a partir da unha da tarde non cesou e así, nunhas horas xa se consumiran as 4.000 racións (uns 1.500 quilos de cefalópodo) que calculaba a organización, a un prezo de 10 euros, dous máis se tamén se quería un pedazo de empanada.
Un total de oito entidades do Concello colaboraron na organización da festa. Unha celebración que se prolongou ata a noite incluso polos locais de hostalería, que viviron unha xornada intensa na vila.
A música acompañou a festividade durante a xornada, coas actuacións polas rúas das charangas Vai Rañala Meu e Quilomberos, e unha verbena nocturna protagonizada pola orquestra América en pleno centro do peirao mugardés.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620