O Felipop ficha para a súa XV edición a The Barracudas, lenda do rock internacional da década dos anos 80

Xa se coñece o cartel da XV edición do Felipop de Limodre (Fene), un dos poucos festivais de verán que resiste a crise e que este ano se presenta con notables novidades. A cita celebrarase os días 8, 9 e 10 de agosto pero non na tradicional pista polideportiva, senón no próximo parque da Hortiña.
O tirón a nivel internacional será a actuación da banda británica The Barracudas, un dos referentes do folk-rock e o surf dos anos 80, liderados polo guitarrista Robin Wills e o cantante Jeremy Gluck, que aínda mantén o seu prestixio entre os fans dos Byrds, Flamin’ Groovies, Beach Boys, etc. Isto será o venres, pero o xoves a actividade comezará na Hortiña cun concerto de Track Dogs (Madrid) e unha festa gastronómica aberta.
O venres a programación comeza no local da AVV cun concerto dos vilalbeses Poster Gel e a continuación abrirase o festival no parque (o pezo da entrada diaria é de 15 euros e 20 o bono para todas as xornadas). Actuarán The Moonstones (Madrid); Los Guajes, de Asturias; e os citados The Barracudas.
sidonie
A xornada do sábado comeza en casa Ardá con Mai-Thai y Los Torino Rockets (A Coruña), para trasladarse posteriormente ao parque da Hortiña. Alí actuarán os madrileños Los Autonautas; Juan Antonio Ross, de Murcia, un prestixioso musico de power pop que xa tocou na cita fenesa e, como cabeza de cartel está o trío barcelonés Sidonie, que onte mesmo estivo no teatro Jofre de Ferrol, presentando o seu último disco “El fluido García”. Como despedida, o domingo 11 The Barracudas ofrecerá un concerto acústico en Casa Ardá.






















