
Moi intensa desde o punto de vista do lecer preséntase a fin de semana no municipio de Narón. Trala inauguración onte do Mercado Medieval no parque fluvial do Río Freixeiro –donde continuará ata o domingo–, hoxe terá lugar, nas inmediaciós dos local de San Xiao, o concerto do gaiteiro galego Xosé Manuel Budiño, no que tamén actuará como artista convidada a cantante Mercedes Peón. Será a partir das 22.00 horas e a entrada é de balde.
O Padroado da Cultura de Narón colabora coa AVV “Ceibe” da devandita parroquia na organización dunha actuación que permitirá reunir a dous dous máis salientables expoñentes do panorama musical galego. Durante unha dúas horas achegarán ao público algúns dos seus temas máis coñecidos.
A actividade na zona comezará, porén, unhas horas antes, a partir das 20.00 horas, coa sardiñada-churrascada prevista pola entidade veciñal. Os tickets poderán adquirirse no local en horario de 19.00 a 23.00 horas. O prezo é de 8 euros para os socios e 10 para o resto para cear churrasco e de un euro por cada dúas sardiñas.
A xornada reservará tamén un espazo aos xogos populares e o deporte rural, coa finalidade de ofrecer unha tarde de diversión tanto para os nenos como para os adultos. l