Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

A mortandade da ameixa da batea fai perder uns 6.000 euros mensuais ás confrarías

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

Son varios os factores que explican a complicada situación na que se atopan as confrarías de pescadores de Ferrol e Barallobre. Á crise global e ao descenso dos prezos do marisco que afectan á maior parte dos pósitos de Galicia súmase un problema que prexudica, case en exclusiva, a estas dúas agrupacións, a mortandade do marisco que se envía as bateas de Punta San Carlos para depurar.
A portavoz provisional da confraría fenesa, Marisol Arnoso, subliñou onte que nos seis primeiros meses de reinstalación –suspendeuse en xullo e non se reanuda até o 5 de agosto– a repercusión da mortandade nas contas da confraría é superior aos 30.000 euros, una cantidade significativa se se ten en conta que ten seis empregados. “A situación é cada vez peor, pois hai máis gastos e menos ingresos pola caída dos prezos do marisco”, sinala.
As confrarías perciben unha porcentaxe das vendas dos seus socios e, ao descender tanto estas como o seu prezo, os seus ingresos son máis cativos. A isto engádese a mortandade da ameixa da batea. Nun principio, e así se fixo o ano pasado, a Consellería ía cubrir a que sobrepasase o 10%, compromiso que, no que vai de ano, o departamento autonómico aínda non cumpriu.  “A confraría”, explica Arnoso, “ten que pagar aos mariscadores pola ameixa que traen á lonxa; se da zona de reinstalación chega menos cantidade é outro problema que temos que solucionar nós”.

débeda
En Ferrol a situación é moi semellante, pero cun agravante: a débeda que carrexan desde hai anos, en principio de 600.000 euros e agora de arredor de medio millón de euros.
O patrón maior de Ferrol sinalou que están pendentes de manter unha reunión cos responsables de Facenda para ver a posibilidade de ampliar o prazo de devolución desa cantidade e poder, así, aliviar a delicada situación económica.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620