Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

A Roda comeza unha xira de concertos en Cariño e Ortigueira

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O grupo A Roda presenta o seu primeiro disco sen o seu recoñecible cantante, Adolfo Domínguez Otero “Fito”, que faleceu en 2012. No verán pasado realizaron unha xira de homenaxe e este sábado comezan no auditorio de Cariño unha nova viaxe polos escenarios do país, esta vez cun disco baixo o brazo, “Outra volta de roda”. Nel, acompañados polas colaboracións de músicos como Najla Shami, Emilio Rúa, Sés, Luis Iglesia, Luis Vaamonde, Miguel Costas ou Pancho Álvarez debullan os grandes éxitos da formación. Son pezas tradicionais popularizadas por eles desde os seus inicios, en 1977, e outras de creación propio cuxo éxito é tal que incluso se asimilan á música popular.
“O andar miudiño”, convertido en himno incluso nos acontecementos deportivos, abre un libro-cedé que recolle a historia de A Roda, a súa música e a súa traxectoria con concertos en todo o mundo. “Pousa pousa”, “O gato”, “A raíz do toxo verde”, “Fun ao muíño”, “A dorniña” ou “Carmeliña” están incluídas no traballo, pero revisadas cun son actual e que, ó mesmo tempo, continúa a identificar ó grupo galego. Novos arranxos e sonoridades serven para darlle “unha volta” ós grandes temas populares que A Roda gravou comezando unha longa viaxe desde a mesa redonda dunha taberna ata hoxe. As voces masculinas seguen a ser protagonistas aínda que nesta ocasión, por primeira vez nun dos seus discos (e levan 16) inclúense tamén colaboracións femininas. Contan tamén entre as colaboracións co pintor Ramón Trigo, que ilustra o libro-cedé.  A portada, unha balea, fai referencia precisamente á evolución e difusión do grupo, convertido xa nun gran animal da música galega.
A Roda comezará a xira de presentación deste cedé en Cariño. Será o sábado, ás 20.30 horas, no auditorio municipal. Ó día seguinte a súa música soará en Ortigueira, á mesma hora, neste caso no Teatro de Beneficencia. As datas fixadas ata o de agora neste calendario de actuacións inclúe a Illa de Arousa, Vila de Cruces, Cesantes, Sargadelos,  Pontevedra e Trives.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620