Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Espazo Educativo

O gospel volve a Narón por Nadal con coros de Georgia e de Nova Orleáns

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_obradoiro_redideal_251121_tamara
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
0620_liceo_redideal_251121_tamara
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina

A música gospel converteuse nunha cita clásica xa no Nadal de Narón, e de novo este ano contarase con dúas formacións chegadas desde os Estados Unidos para facer unha xira por toda Galicia que terá parada, os días 18 e 19 de decembro, no Pazo da Cultura. É dentro dun circuíto que inclúe tamén ás cidades de Vigo, A Coruña, Santiago e Pontevedra e que se realiza en colaboración coa Fundación Novacaixagalicia.
A primeira función en Narón será o mércores 18 de decembro, ás 20.30 horas, a cargo do Georgia Mass Choir. Trátase dunha formación xa coñecida na localidade, pois actuou en decembro de 2009. Nesta ocasión presentan un programa de homenaxe a Whitney Houston, cantante coa que colaboraron na película “O predicador” e que, na súa banda sonora, incluíu tres temas dos grandes éxitos deste coro. O Georgia Mass Choir fundouse no ano 1983 e desde entón ten publicados máis dunha ducia de discos. Está dirixido polo reverendo Milton Biggham.
A New Orleans Gospel Chorale tomará o relevo ó día seguinte, xoves 19, con Bridget A. Bazile como solista. Esta cantante coñece ben Ferrolterra, xa que actuou en decembro de 2008 en Narón co Joyful Gospel Choir e na Semana Santa de 2009 no teatro Jofre, nesa ocasión con The Moonwalk Singers. Comezou como voz principal con The New World Ensemble e iniciouse na música espiritual negra cos Moses Hogan Singers, de onde proceden os membros da coral de Nova Orleáns. Debutaron en 1998 acompañando á soprano Barbara Hendricks e nesta xira por Europa presentarán “The Art of Negro Spiritual”.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251121_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica