Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Espazo Educativo

A música alíase coa palabra no Jofre no espectáculo “A miña primeira Rosalía”

0620_obradoiro_redideal_251121_tamara
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
0620_liceo_redideal_251121_tamara
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos

Tres cheos consecutivos no Teatro Jofre manifestaron o interese do público ferrolán no espectáculo “A miña primeira Rosalía”, unha iniciativa que trata de lembrar a figura da poeta galega no 150 aniversario da publicación do seu cenital “Cantares Gallegos”. Unha ducia de artistas subíronse dúas veces ao escenario en función matinal para os colexios (ía ser un só concerto pero a demanda de entradas obrigou a duplicar a oferta), e xa pola noite para o público en xeral.
As voces das ferrolás María Manuela e Xiana Arias xuntáronse ás dos veteranos Mini e Mero que estiveron arroupadas por músicos de primeiro nivel como Nani García (piano); Nuria Lestegás (violín); Paco Barreiro e Manuel Dopico (guitarras); Xurxo Varela (viola); Roberto Grandal (acordeón); Xoán Collazo (percusión), aos que se sumou no concerto final o contrabaixista mugardés Simón García.

voces e palabras
O espectáculo recolle case cos mesmos protagonistas o testemuño do disco-libro “O meu primeiro Celso Emilio”, agora centrado na figura de Rosalía de Castro. Aínda que o traballo non está editado por agora (chegará ás librerías baixo o selo de Edicións Xerais a última semana deste mes) o espectáculo ao vivo reproduce fielmente os once poemas seleccionados de Rosalía e un máis adicado á poeta por outro referente do Rexurdimento da cultura galega, Manuel Curros Enríquez.
Trala estrea de onte, “A miña primeira Rosalía” sairá por todas as cidades de Galicia comezando por Lugo e Santiago para continuar nos próximos meses ao longo de vilas de toda a xeografía galega.
A montaxe poético musical contou coa axuda da Concellería de Normalización Lingüística do Concello de Ferrol. Por outra banda,  entre os asistentes onte á estrea do espectáculo estaba Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística da Xunta.

0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251121_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos