
“Bóveda, un alegato pacifista contra a inxustiza” é a novela gráfica creada pola xornalista Mª Xesús Arias “Pitusa” é o debuxante e deseñador fenés Carlos Sardiña sobre a figura do ilustre galeguista Alexandre Bóveda (1903-1936). Hoxe os dous estarán na sede do Ateneo Ferrolán ás 19.00 horas xunto co neto do biografiado, Valentín García Bóveda.
O traballo, publicado por Radiofusión para conmemorar o 110 aniversario do asasinato polas forzas franquistas deste ilustre pensador galego, recolle segundo os seus autores, en forma de banda deseñada e accesible para todo o mundo, o pensamento económico dun home “adiantado ao seu tempo”.




















