Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

A SAF aposta por facer de Ferrol unha canteira de futuros pianistas

0620_obradoiro_redideal_251121_tamara
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
0620_liceo_redideal_251121_tamara
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos

A Sociedad Artística Ferrolana (SAF) volve a organizar a próxima fin de semana un certame de piano que comezou chamándose Gregorio Baudot en 1984, durou catro edicións e acabou transformándose no prestixioso Premio Internacional de Piano Cidade de Ferrol. Unha especialización que, porén, deixou fóra aos novos pianistas locais que agora, ata os 19 anos cumpridos, terán nesta iniciativa da SAF un estímulo para a súa creatividade.

Nesta quinta edición do premio que se celebrará os días 26 e 27 de abril no salón de actos do Casino Ferrolano tomarán parte 26 músicos entre os 8 e os 18 anos. Todos eles procedentes de sete concellos da comarca: Ferrol, Narón, San Sadurniño, Neda, Mugardos, A Capela, Valdoviño e Ortigueira. Todos os concursantes inscritos presentaranse no Casino o venres 26 ás 16.30 horas.

Os participantes están divididos en tres categorías: ata os 12 anos, entre os 12 e ata os 15 e unha terceira que inclúe aos que xa teñen os 15 cumpridos e chegan aos 19, coincidente cos cursos de piano elemental e de grao medio. Todos eles interpretarán dúas obras, os máis pequenos tocarán dez minutos; os da segunda categoría, quince minutos; e os maiores, vinte. Os participantes actuarán por orde alfabética.

xurado e premios

O xurado está composto polo músico e compositor Miguel Brotóns, que o preside, xunto co secretario e concertista Ricardo Blanco, e os vogais e profesores de piano Carolina Fernández, Javier Ares e Pablo Ferreño.

Nas dúas primeiras categorías o gañador obterá praca e un diploma, e os segundo e terceiro clasificados, un diploma. Nos maiores, premio que recupera o nome “Gregorio Baudot”, o gañador levará 300 euros, unha praca e un diploma, mentres que o segundo e terceiro clasificado obteñen un diploma.

0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251121_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos