O grupo municipal de Esquerda Unida demandou no decurso do Consello Escolar Municipal do pasado xoves a presenza neste órgano do titular da área de Benestar Social do Concello. A organización entende que na situación actual que vive Ferrol “é imprescindible reforzar as estruturas que abordan e dan resposta ás variadas e enormes problemáticas que xorden no ámbito educativo, pero que trascenden con moito dito aspecto”. Ademais de valorar o traballo que neste sentido de-senvolven os propios centros educativos para dar respostas ás diferentes problemáticas, como poden ser alimentarias, sanitarias ou de absentismo, entre outras, a formación política considera que estes deben recibir un “apoio prioritario” por parte dos servizos sociais.
queixas
Urxen tamén, neste sentido, a dar resposta “ás queixas recibidas desde os centros con respecto a protocolos de actuación confusos, falta de entendemento ou actuacións excesivamente lentas”, apuntan.






















