Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

Roger de Flor e os Os Silvestres presentan o vídeo adicado a Ferrol Vello o día 10 no Carvalho Calero

0620_bonilla_redideal_251121_veronica
620_dans_relojeros_redideal_251212_cristina
0620_liceo_redideal_251121_tamara
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_obradoiro_redideal_251121_tamara
0620_resonac_redideal_251125_tamara

O próximo día 10 de xaneiro, sábado, Roger de Flor e os Silvestres presentarán no Centro Cultural Carvalho Calero o seu novo videoclip. Trátase do tema “Ferrol Vello” que, dirixido polo propio Rogelio Arias e realizado por Álex Devesa, fai o duodécimo traballo audiovisual do artista fenés, nestes caso coa súa banda habitual, Os Silvestres.
Trátase dunha adaptación feita polo batería Sergio Galego do tema “Dirty old town” do compositor británico Ewan MacColl, popularizado nos anos 80 pola lembrada banda The Pogues. Aquí, a canción convértese nun desgarrador laio pola situación calamitosa do histórico barrio ferrolán.

gravación
O traballo foi gravado o pasado verán en diferentes localizacións de Ferrol Vello (peirao, Casa Anca ou nun paseo pola ría en barco) e conta entre os seus participantes ao propio Roger de Flor, Sergio Galego, Cabe García así como a Juan Padín, Carlos Mosquera, Leandro Lamas, Lino López e outra xente do mundo artístico e musical ferrolán que quixo participar na homenaxe.
A presentación do videoclip de “Ferrol Vello” no Centro Cultural Carvalho Calero (no Ensanche A) estará seguida dun pequeno concerto no que Roger de Flor e Os Silvestres interpretarán a versión do tema de MacColl e adiantarán as cancións do seu segundo traballo discográfico, logo de confirmar co primeiro a súa boa sintonía.

0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251212_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara