Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

A parálise cerebral, tema dun ciclo de cine en Afundación

0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
0620_liceo_redideal_251121_tamara
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_obradoiro_redideal_251121_tamara

Co gallo da conmemoración do Ano Galego da Parálise Cerebral en 2014, Afundación e Aspace-Galicia (Federación Galega de Parálise Cerebral) promoven un ciclo cinematográfico, en versión orixinal subtitulada, para sensibilizar sobre a realidade das persoas afectadas. O luns 15 comezará o programa en Ferrol coa película “Bailo por dentro” (Inside I’m dancing, Damien O’Donnell, Reino Unido, 2004) que se proxectará ás 20.00 horas na Sede de Afundación (praza da Constitución s/n). “Bailo por dentro” conta a historia de Michael e Rory que, aínda que están en cadeira de rodas, deciden abandonar a residencia para discapacitados e van vivir a un piso. Xunto a Siobhán emprenderán unha experiencia inesquecible chea de imprevistos. A seguinte cita con este ciclo en Ferrol será o vindeiro 22 de decembro, tamén ás 20.00 horas coa proxección de “O meu pé esquerdo” (My left foot, Jim Sheridan, Irlanda 1989). A cinta italiana “As chaves da casa” (Le chiavi di casa, Gianni Amelio, Italia, 2014), pechará a programación que trata de achegar á sociedade as capacidades, necesidades e soños das persoas con este problema.
O Ano Galego da Parálise Cerebral foi así denominado polo Consello de Goberno da Xunta de Galicia de xaneiro de 2014 e contou coa colaboración de institucións públicas e privadas tanto no ciclo de cinema como no congreso Día Mundial da Parálise Cerebral que acolleu Santiago o pasado 4 de outubro.

0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251121_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara