Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

A cantautora Sés actuará o 18 de xuño no Jofre no marco do festival “A mocidade coa lingua”

A cantautora Sés, un dos referentes da actual música galega, actuará o vindeiro día 18 de xuño no Teatro Jofre. A súa actuación converterase no prato forte do festival “A mocidade coa lingua” organizado un ano máis pola Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra en colaboración co Concello de Ferrol.
A actividade, dirixida aos centros educativos que desexen asistir –previa inscrición–, contará ademais coa participación de tres formacións musicais estudiantís: un solista do IES Ricardo Carballo Calero; o grupo de rap do CPI Atios de Valdoviño; e o grupo de rock do IES Fernando Esquío de Neda.

obxectivo
Como en todas as actividades impulsadas desde a Coordenadora de Equipas, tamén nesta o obxectivo pasa por fomentar o emprego da lingua galega entre a mocidade e ademais en contextos, como neste caso o musical, que suscitan un gran interese entre os rapaces.
Ao mesmo tempo, a cita convértese para estes nunha oportunidade para dar a coñecer as súas creacións en galego. Nesta liña desenvólvese precisamente cada ano, por exemplo, o certame de poesía e imaxe, no que os estudantes da comarca amosan as súas destrezas plásticas en orixinais composicións que atopan en obras poéticas da literatura universal o seu motivo de inspiración. Outra das iniciativas da Coordenadora de Equipas para promover o emprego oral da lingua galega é o ciclo de teatro con G, que trala sesión inaugural do pasado 28 de abril continuará o vindeiro 20 de maio coa representación da obra “Bicos con lingua” de Talía Teatro, nunha proposta dirixida a estudantes de ESO, Bacharelato e FP