Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

“Contrataremos de inmediato unha auditoría”

Tras décadas de gobernos de dereitas, o socialista Juan Vicente Penabad Muras estréase hoxe no pleno –10.00 horas– como alcalde de Ortigueira en sustitución a Rafael Girón. O aproveitamento dos recursos do municipio e a planficación á hora de traballar serán as señas de identidade do seu equipo.

Ortigueira ten optado polo cambio nas urnas, que modificacións vai introducir o goberno socialista?
Imos darlle un xiro á forma de traballar do Concello que nos últimos anos se quedou obsoleto e estancado. Refírome por exemplo ao fomento do comercio ou calquera outra actividade que rexenere a economía local. Ortigueira é un concello moi rico en recursos paisaxísticos, temos praias, temos costa... O turismo vai ser outra das nosas principais bazas.

Empezarán por aquí as primeiras actuacións?
Sí, todo o que sexa promoción turística e máis de cara ao verán ímolo explotar ao máximo, sobre todo porque pode ser unha fonte rápida de ingresos. O sector forestal é a outra gran oportunidade. Para iso na próxima primavera temos previsto organizar a I Feira Forestal do Noroeste con presencia de stands de maquinaria, expositores de diferentes empresas... Tamén pensamos que é fundamental o fomento do sector agrícola que ata o de agora está vivindo de subvencións. Queremos que os agricultores máis aló disto teñan alternativas; a Cofradía de Pescadores hai que apoiala –antes había 300 mariscadoras agora só quedan 12–. É necesario dragar o porto de Espasante, un proxecto irrenunciable e o polígono industrial también hay que revitalizalo e intentar que se asenten máis empresas porque pensamos que ata o de agora non se intentou o suficiente. Co festival do Mundo Celta que será o próximo mes xa non imos ter moita marxe dentro do que xa ten organizado o anterior goberno que non é moito para as datas nas que nos atopamos...

Vexo que tamén ten intención de cambiar a forma de traballar
Si imos traballar como moita antelación como unha forma de abaratar custes. Por exemplo o festival  do 2016 empezarase a organizar o próximo mes de agosto como unha forma de conseguir mellores prezos para os artistas do cartel e evitarmos intermediarios na medida do posible. Unha das artistas que ven este ano Sharon Shannon cústalle ao Concello 28.000 euros cando no seu país de orixe –Irlanda– se a contratamos directamente nos custaría 10.000.

Con que situación se espera atopar?
Estou moi preocupado porque aínda non se ten feito o traspaso de poderes aínda que mañá [por hoxe] xa coñeceremos a situación de liquidez. Temos pensado contratar de inmediato unha auditoría interna a unha empresa externa e espero en dos meses ter unha radiografía clara do que acontece no Concello. Manteremos a todo o persoal municipal, non imos despedir a ninguén pero sí reorganizalos para que se optimice o seu traballo. Somos un grupo de sete persoas moi mozas pero pero ben preparadas. Unha das novedades da corporación será a concellería de Patrimonio, Paisaxe e Recursos Naturais encaminada a promover os recursos patrimoniais do noso territorio que son moitos.