Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

A “Romaxe dos 100 anos” do Toxos leva a Amboaxe a música e o baile das romarías tradicionais

Probablemente o único que onte non cantou, bailou e bebeu na praza de Amboaxe foi o marqués, impértérrito no seu pedestal. O festival que o Real Coro Toxos e Froles organizou na céntrica e fermosa praza converteuna no espazo dunha romaría popular moi especial para continuar celebrando o seu primeiro centenario como coro decano de Galicia.
Desde o mediodía ata ben entrada a noite polo palco desfilaron algúns dos nomes de referencia da música tradicional de Galicia e Portugal. Así o fixeron Os Melidaos, o grupo de Melide nacido en 2001 que abreu a xeira de actuacións. Seguiron Vai Rañala Meu, a formación xurdida do propio Toxos. Xa pola tarde, abreu unha das formacións de referencia do folclore do país, Cantigas e Agarimos, de Santiago de Compostela, aos que seguiron os portugueses do Rancho das Rendilheiras da Praça, de Vila do Conde, cos que os membros do Toxos cantaron o seu himno sobre o escenario. A eles seguiron Cántigas da Terra, da Coruña e, trala cea, o espectáculo despediuse con Treixadura. Paralelamente, ao ambiente festivo colaborou o gastronómico xa que baixo a gran carpa da praza os asistentes podían xantar o propio de calquera romaría.

centenarios felices
Para o presidente do Toxos e Froles, Arturo Lamas, a cita de onte “foi un éxito total. A xente respondeu asistindo a Amboaxe e todo son parabéns por parte da xente. O esforzo foi moi grande pero valeu a pena. Lástima que non se poida facer algo así todos os anos, porque durante todo o día a praza estivo chea de animación”. En referencia ás agrupacións participantes asegura que “todo foron felicitacións, empezando polo acto do Jofre do venres ata o de hoxe (por onte). Incluso Cántigas da Terra nos preguntou pola organización porque eles teñen o seu centenario para o ano”.