Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Comarcas

Os contos de Pablo Albo chegan a Ferrol da man do V Festival Internacional de Narración Oral

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

Ferrol súmase esta semana á quinta edición do Festival Internacional de Narración Oral Atlántica que entre mañá e o vindeiro domingo incluirá actuacións en diferentes puntos da comunidade galega. Na cidade naval a cita terá lugar o venres, cunha dobre función a cargo do alacantino Pablo Albo.

Ás seis da tarde ofrecerá unha sesión infantil na Biblioteca Municipal de Ferrol, na que achegará aos asistentes ao seus “Cuentos de miedo que dan risa”.

A continuación, ás 20.30 horas, trasladarase ao centro cultural Torrente Ballester, que será escenario dos “Cuentos poco edificantes”, cos que fará gozar ao público adulto, ao que vai dirixido. Ambas as dúas propostas teñen entrada de balde.

Albo (Alacante, 1971) escribe historias desde cativo. En 1994 comezou a contalas a viva voz. Xunto a dous amigos, Félix Albo e Antonio Mira, fundou o grupo Albo, que tantas satisfaccións lles proporcionou nos dez anos que durou o proxecto.

Agora, Pablo segue en solitario adicado ao oficio de contar historias usando só a palabra e os xestos. Publicou trinta e seis libros infantís en participou en cinco de contos para adultos. Foi traducido a diferentes idiomas e recibiu tamén varios galardóns literarios.

funcións
No que atinxe aos seus espectáculos, no dirixido ao público infantil –“Contos de medo que dan risa”– fará voar a imaxinación dos pequenos cos seus “contos de monstros peludos, de papóns devoradores de netas, de casas perigosas e horribles que logo de poñer os pelos de punta deixarán paso ás gargalladas”, adiantan.

“Contos pouco edificantes”, pola súa banda, “é unha sarta de trolas que non teñen intención de te enganar”, sinalan desde a organización.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620