Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

Os programas de FP Básica da comarca seguen a manter no 30% o índice de inserción laboral

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A Casa da Cultura de Neda acolleu onte o acto de clasusura do curso dos Programas Formativos Básicos desenvolvidos por catro institutos da comarca (Ferrol Vello, Canido, Catabois e Fernando Esquío) coa colaboración de empresas da zona. A modalidade formativa, que combina a formación teórica nos centros coa práctica nos centros de traballo, continúa a manter no 30% o índice de inserción laboral do alumnado inscrito.

Así, dos 75 alumnos matriculados nos diferentes perfís profesionais ofertados (Comercio, Industrias Alimentarias, Servizos de restauración, Limpeza e Almacenaxe), 23 acadaron un contrato de traballo. Se só se ten en conta a cifra de estudantes que superaron  o curso (43), a cifra de acceso ao mercado laboral incrementaríase ao 53%. Séguese a cumprir así un dos principais obxectivos dos programas, que é a posibilidade de introducir no ámbito laboral a este alumnado. Xunto a este, no acto de onte derónse cita tamén os representantes dos IES implicados, as empresas de formación específica (cinco) e de prácticas (19 firmas e 30 centros de traballo) así como representantes dos concellos e das consellerías que apoian uns programas pioneiros na comarca de Ferrolterra hai xa preto de dúas décadas.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620