Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

En Tránsito fai do compromiso social unha obra que une teatro radiofónico, música e cómic

0620_obradoiro_redideal_251121_tamara
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
0620_liceo_redideal_251121_tamara
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos

Tralo éxito que supuxo o pasado ano a adaptación radiofónica nos cines Dúplex de “La guerra de los mundos”, de H.G. Wells, a compañía En Tránsito, dirixida polo profesor Miguel Castro, repite o próximo xoves 14 ás 20.00 horas no Ateneo Ferrolán cun texto propio, máis actores e un xénero orixinal: o teatro radiofónico con música e cómics. A peza en cuestión é “Zombie factoría”, unha obra humorística elaborada coa colaboración do Ateneo e Fuco Buxán con trasfondo social inmediato escrita polo propio Castro e José Torregrosa. O espectáculo inclúe as ilustracións de Fernando Ocampo e a música de David García.

En canto ao contido da obra, avanza Miguel Castro: “Despois do bo sabor de boca que nos deixou a todos ‘La guerra de los mundos’, queriamos facer unha obra propia. Esta é unha metáfora do mundo actual e unha crítica ás persoas pretendidamente apolíticas, así como ao papel dos sindicatos en todo o que está pasando. A historia en si fala duns zombies que infectan unha cidade e as súas fábricas e onde o protagonista dubida se loitar ou non facelo, se mollarse, comprometerse, ou non. Pero todo con moito humor”.

Trala súa estrea “Zombie factoría” será colgado en Youtube en formato radiofónico, coa música de David García e os debuxos en formato cómic de Ocampo.

0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251121_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos