Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

Unha fotografía do mosteiro de Caaveiro, gañadora do primeiro certame do Concello da Capela

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

O Concello da Capela vén de fallar os premios do I Concurso de Fotografía convocado pola institución local coa finalidade de difundir o patrimonio histórico, etnográfico e natural que conforman o mosteiro de Caaveiro e as Fragas do Eume, así como promover a defensa ambiental e o ecoloxismo.
Foi unha imaxe do emblemático cenobio, en branco e negro e tomada pola veciña do municipio Paula Gabeiras, a elixida o sábado polo xurado como a gañadora entre as 141 que se presentaron a esta primeira edición da convocatoria. A autora recibirá un premio de 500 euros. O segundo galardón, dotado con 300 euros, foi para Javier Meizoso, das Pontes, cunha fotografía captada desde unha cova, mentres que o terceiro recaeu nas mans do aresano Víctor Schäfer, cunha instantánea do río Eume.

xurado
O xurado estivo formado polo concelleiro Emilio Riobó; a fotógrafa afeccionada Vanesa Cebreiro; o fotoxornalista de Diario de Ferrol, Jorge Meis; os fotógrafos profesionais Ramón Vaamonde e David Landrove; e Víctor Caneiro, en representación de Eventi, a empresa organizadora. O certame contou ademais co patrocinio da Deputación da Coruña.
Do total de fotografías presentadas, foron seleccionadas vinte para dar forma a unha exposición que poderá ser visitada proximamente.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620