Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

As novas formas de traballo e a protección dos empregados, a debate no campus de Ferrol

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

Un ano máis, o Consello Galego de Relación Laborais e a Facultade de Ciencias do Traballo do campus de Ferrol contribuirán ao debate e reflexión sobre algunhas das cuestións de maior actualidade no ámbito do mercado de traballo.
Farano no marco da xornada prevista para este xoves no salón de actos do campus de Esteiro e que leva por título “A protección das persoas traballadoras e as novas formas de traballo”.
As inscricións, de carácter gratuíto, poderán formalizarse en calquera dos devanditos organismos. O prazo para formalizar as solicitudes conclúe hoxe mesmo. Os asistentes á totalidade das conferencias recibirán un diploma acreditativo.

contidos
O programa da xornada arrancará ás 9.30 horas, momento a partir do cal comezarán a se desenvolver os diferentes relatorios. A primeira contará coa participación de Emilio Fernández de Mata, maxistrado da sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza, e Carlos Doménech, director territorial da  Inspección de Traballo e Seguridade Social de Galicia. Falarán sobre o dereito das persoas traballadoras á información e á participación na empresa. 
As últimas novas e tendencias laborais vistas polos axentes sociais galegos, así como o teletraballo como unha das novas formas de traballo, serán outros dos temas a tratar.
Tal e como se salienta desde a organización, desde a aprobación do Estatuto dos Traballadores en 1980 e ata finais de 2014 realizáronse un total de 52 reformas laborais e de Seguridade Social, mais foron as acometidas nos tres últimos anos “as que modificaron profundamente as relacións de traballo”.
Todos estes cambios normativos formulan novos problemas que cómpre analizar da man dos diferentes expertos. Esto é o que, precisamente, se pretende no programa que o xoves terá lugar, en sesión matinal, no salón de actos do campus de Esteiro.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620