Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

Picasso dialoga no Torrente Ballester coas novas xeracións de artistas

0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_obradoiro_redideal_251121_tamara
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
0620_liceo_redideal_251121_tamara
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos

O Centro Torrente Ballester acolle desde onte dúas novas exposicións para as próximas semanas, trátase de “Diurnes, Picasso/Villers” e “En torno a Picasso”. A primeira é un proxecto nacido da colaboración entre o artista malagueño e o fotógrafo André Villers no que o primeiro levaba ao collage as imaxes do segundo. Un traballo realizado ao longo dos anos 50 e publicado en 1962 do que en Ferrol poden verse unhas 30 obras.

A outra exposición é “En torno a Picasso”, na que os creadores galegos Juan López e Misha Bies Golas reflexionan, a través da música e collages, sobre a proposta picassiana.

unha revisión creativa

Para o artista multidisciplinar Juan López (Ferrol, 1973) “o noso traballo foi reinterpretar a obra de Picasso e Villers a través da técnica do collage. Fundamentalmente Misha Bies Golas fixo o traballo en papel e eu con instalacións e sobre todo en formato sonoro, algún específico e outro recuperado doutros traballos pero que encaixaba moi ben nesta proposta do Torrente Ballester”. López insiste no concepto de “diálogo” entre diferentes xeracións artísticas para relacionar as dúas exposicións.

Así mesmo, o artista ferrolán destaca que aínda que xa expuxera algo do seu traballo creativo en Ferrol, concretamente na Galería Sargadelos, “esta é a primeira vez que o fago no Centro Torrente Ballester, que é un espazo espléndido. Esta mostra sobre Picasso foi todo un reto, ocupando a zona nova e a parte da rampa. Pero o resultado creo que valeu a pena”, destaca López.

0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251121_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina