Os grupos Vedoira e Os Picurruchos, de Lugo; Angazo, de Ourense; e Xente Nova, de Ferrol, participarán o sábado na final do II Concurso de Cuartetos Tradicionais organizado polo Real Coro Toxos e Froles. Será ás 20.30 horas, na súa sede da rúa Magdalena. O premio consistirá en 1.200 euros en metálico e un trofeo. Durante a deliberación do xurado actuará o grupo de cantareiras Algarabía, da Asociación de Veciños de Lago. O acto está aberto ó público.
Te puede interesar
Suquet de rape y cigalas
Redacción




















