
A banda arxentina Dr.Queen repetirá esta tarde no Pazo da Cultura de Narón, onde xa estivo en agosto de 2011, a partir das 20.30 horas. O conxunto liderada polo médico Jorge Busetto fará o que mellor sabe: imitar á perfección a Queen e ao seu carismático líder, Freddie Mercury. De feito está considerada como a mellor banda de “impersonators” do planeta en rendir tributo aos autores de pezas xa clásicas da historia do rock como “Bohemian Rhapsody”, “We are the Champions” ou “Another One Bites the Dust”.
O prezo das entradas oscila entre os 12 euros anticipada, e os 16 o día da actuación. A duración do espectáculo é dunha hora e media.






















