Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

Preto de 600 inscritos nas probas de acceso a ciclos superiores de FP

0620_obradoiro_redideal_251121_tamara
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
0620_liceo_redideal_251121_tamara
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos

Nos últimos anos, o número de persoas interesadas en realizar as probas de acceso a ciclos superiores de Formación Profesional foise incrementando paulatinamante. A nivel da comunidade galega, dos 6.985 inscritos no ano 2010, pasouse a 8.345 en 2011 e a un total de 9.796 no pasado exercicio, segundo os datos facilitados pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta.

O incremento fíxose patente tamén na cidade ferrolá, onde precisamente o pasado curso a Administración educativa galega viuse obrigada a designar unha terceira sede –o IES Leixa– para a celebración das probas celebradas ata o momento nos CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro e Ferrolterra.

No curso actual, e segundo a relación provisional de inscritos facilitada pola Consellería, a cifra na comarca de Ferrolterra mantense máis ou menos estable con respecto ao anterior. Así, se en 2012 foron 617 as persoas inscritas, no actual formalizáronse arredor de 570, se ben non será ata o vindeiro 1 de marzo cando se coñeza a listaxe definitiva. A partir de aí, e tralo oportuno plazo de reclamacións e a publicación dos centros públicos nos que se desenvolverán os exames, estes están fixados para o 25 de abril.

exames

Neles, os aspirantes deberán realizar unha parte común, con probas de lingua galega, castelá e matemáticas, así como outra específica, en función das familias profesionais nas que a persoa estea interesada. A adxudicación de praza en caso de superar a proba estará condicionada pola cualificación obtida, no marco da porcentaxe de reserva de prazas por cada centro e ciclo que se estableza para estas probas.

A convocatoria está dirixida a aquelas persoas que desexen acceder a un ciclo formativo de grao superior e que non cumplan os requisitos académicos necesarios para iso, como pode ser estar en posesión do título de Bacharelato, por exemplo.

Así, tal e como se salientou desde a Consellería de Educación, trátase de “establecer canles que faciliten a reincorporación dos galegos e galegas ao sistema educativo, converténdose tamén estas probas nunha ferramenta para a loita contra o abandono temperán”.

Ademais, a superación da proba de acceso permitirá a aquelas persoas que teñan cursados ou validados os diferentes módulos dun ciclo formativo acadar o devandito título académico unha vez supere a proba de acceso.

Como é habitual, o CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro acollerá as probas de acceso para o colectivo de militares a nivel da comunidade autónoma, nas que se inscribiron un total de 56 persoas entre a Brilat de Pontevedra e o Arsenal ferrolán.

Entre os centros nos que máis solicitudes se cursaron foron o CIFP Ferrolterra (184), o Castro da Uz das Pontes (58) ou o IES Concepción Arenal (48).

grao medio

Por outra banda, o vindeiro luns día 25 abrirase o período de inscrición para as probas de acceso nos ciclos medios, que se prolongará ata o 8 de marzo. Neste caso poderán presentarse aquelas persoas que non cumpran os requerimentos xerais para cursar estes estudos e teñan cumpridos 17 anos –ou os cumpran este ano–. Os exames están fixados para o 23 de maio. A solicitude poderá ser entregada na secretaría de calquera instituto de educación secundaria no que se impartan ciclos de Formación Profesional ou nos centros integraos de FP.

0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251121_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos