Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

A Santiago voy (voando)

0620_obradoiro_redideal_251121_tamara
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
0620_liceo_redideal_251121_tamara
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos

Saimos de Sigüeiro case coa noite pecha, cando o mencer ten aínda cheiriños a soño. E eu levo no corazón dos beizos unha canción de Los Tamara, xusto ao recruzar o Tambre/ Tamara. Esa que di, claro, “A Santiago voy, ligerito, caminando”. Cántoa un chisquiño, mais a rapazada e os adultos (novos) que comigo van non a coñecen. Si saben, en cambio, esa de Camarón de la Isla que di: “Volando voy volando vengo”. Un cante xa lendário (como para nós, galegos, a canción de Los Tamara: “Voy subiendo montañas, cruzando valles, siempre cantando”. Mais hoxe non imos ascender coto ningún, senón que prácticamente iremos de baixada todo o tempo. Voando, pois, nun vóo prodixioso porque a nosa mente, e o noso “cuore”, “tu stai soffrendo” e agora canto con Rita Pavone en homenaxe a todos os italianos, os que máis fan este Camiño logo dos españois (teño que cotexar este dato, diría que certo  teor da miña observación en directo), están xa en Santiago, onde compre chegar cedo.

Agarda por nós unha misa en Ánimas, graciñas Padre José Casanova, obrigado Pepe Mogo, e logo está o choio das “Compostelas”, ese certificado (con este levo catro) que tanto se deixa querer, porque costa acadalo, que se expenden (gratis dígase todo) nunha especie de establecemento ben organizado, postos numerados, en Carretas. E saímos de Sigüeiro, digo, voando, primeiro por monte baixo, logo por asfalto (un pouco de máis, dígase) e xa estamos no –amplo– Concello de Santiago. E agora vén iso que chaman “Bosque encantado” (sobra o nome e un monifate de bruxa pendurado dun carballo), unha das paisaxes, das fonduras, máis fermosas do Camiño Inglés. Toda unha carballeira memorable para desfrutar (e ser desfrutado) por ela. Logo virá o Polígono de Boisaca, con esa cafetería inmensa, case como un supermercado hosteleiro, onde as camareiras son xentilísimas e os presos xustos e ninguén se queixa de que os peregríns atranquen o paso con mochilas e fardéis. E seguimos por asfalto, mágoa, a un lado o camposanto de Boisaca e unha lembranza para Valle-Inclán, peregrín da vida, que alí foi dar un 6 de xaneiro do 36 (¡da que se librou!) un día no que chovera a cachón e pasaran unha morea de cousas, ben contadas nalgures por Carlos G. Reigosa. E xa estamos nos arrabaldos de Santiago, onde unha vez deixei o meu corazón, e para sempre. E camiñamos e camiñamos deica chegar á Porta do Camiño, para confluir cos que veñen de facer o Francés, ou parte del.

E agora vén Cervantes, e o Preguntoiro, e as Casas Reais, e Ánimas onde misarán para nós O ano pasado a nosa misa fora na Catedral, na Capela do Arcpbispo Carrillo. E logo da misa xa estamos chegando ao Obradoiro, remate ou fin da nosa andaina. E a rapazada ten o detalle de mercar uns brincos que son cunchas de peregrín para a miña inmediata netiña. Ela tamén de Camiño. E eu, agora, era non sei se o home máis feliz do mundo. Pero non andaba lonxe. Máis perto de ti, máis perto. ¡Ultreia et Suseia! Naturalmente.

0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251121_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos