Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

O BNG afondará na participación e rematará con “políticas autoritarias”

A participación cidadá nas decisións do concello son un “garante democrático de primeira orde” para o BNG, que onte presentaba as súas propostas neste eido diante do pazo municipal. Por iso anunciaron que anularán as limitacións de acceso ó pleno “imposta polo actual goberno municipal, que impediu o acceso libre aos veciños ao maior foro de debate que ten este concello”.  Tamén se comprometen a “rematar coa política iniciada por este goberno, antidemocrática e autoritaria, de non entregar a documentación a tempo ós grupos”. Denuncia Rivas que ademais de darse tarde proporciónase “sesgada” e que se impide así “o mínimo debate político público” en cuestións fundamentais. Respecto ás sesións plenarias, eliminarán tamén os límites de tempo e número ás iniciativas.
A política de participación do BNG-Asembleas Abertas implicará a actualización do regulamento neste eido e a elaboración “dun programa de acción municipal a catro anos e un plano de participación que serán as ferramentas que permitan desenvolver as accións coordinadas entre o Concello e o movemento asociativo”.
“A participación cidadá é a peza fundamental para establecer unha corresponsabilidade da cidade e administración local”, explicaba o candidato á Alcaldía, Iván Rivas. Resultan tamén, para os nacionalistas, a mellor maneira de incorporar as necesidades da poboación ó debate.
Asuntos como “a habitabilidade, o benestar, a información ao cidadán, a sustentabilidade e o deseño de xestión de espazos públicos” demandan “un grao importante de implicación tanto dos sectores directamente afectados como dos veciños da cidade”. E así, desde o BNG traballarán para que a participación “sexa real e práctica”.