
Na conferencia no Ateneo de Madrid, á que me referín a semana pasada, Basilio Álvarez fixera -e como non!- alusión á gravidade dos feitos que alteraran os resultados das votacións no distrito de Tui en favor do candidato Ordóñez e en detrimento de Portela Valladares. A impugnación presentada por este -que fora eleito pola Fonsagrada, ao ser candidato único- aínda tardaría unhas semanas en resolverse. O Tribunal Supremo resolvera no sentido de dar validez ás actas supostamente manipuladas e o asunto acabou no Congreso dos Deputados. Foi na sesión de 5 de xuño de 1923 cando se resolveu o contencioso. A prensa diaria do día seguinte recollía a información do sucedido. Así, o vigués Galicia, na sección telegráfica e telefónica da axencia Febus relativa a “Las Cámaras Legislativas / Congreso”, falaba da “Acta de Tuy” indicando que Portela Valladares impugnara o informe do Supremo no que se propuña a validez da elección e a proclamación do señor Ordóñez. Dicía a axencia que “El orador demuestra como tenía de su parte a la mayoría de los electores”, así como que manifestou que “el Tribunal Supremo, a fuerza de vivir de la realidad de la política, ha llegado a ser víctima de ella”, se ben indicara que aínda que non pretendía que se votase en contra do informe, si alimentaba a esperanza de que, como resultado dese debate, o Congreso apreciase “la necesidad de que el Tribunal Supremo deje de intervenir en estos asuntos”. Dicía, ademais, a noticia da axencia que Portela explicara todo o acontecido, incidindo na intervención partidaria do xuiz ou en que se obrigase a garda civil a intervir a favor do outro candidato. A crónica finalizaba dicindo que “Los republicanos piden votación nominal y se aprueba el informe del Supremo por 79 votos contra 7”.
O ourensán La Zarpa / Diario de los agrarios gallegos, a quen o asunto lle afectaba moi de perto, ademais de dar a noticia como os outros xornais, no número do día 5, o propio día da sesión parlamentaria onde se decidiría destino da acta de Tui, baixo o título de “La usurpación del acta de Tuy / Los elementos populares no admiten la representación de Ordóñez”, recollía o despacho que enviara aos xefes das minorías e ao presidente do Congreso a asemblea das sociedades agrarias e operarias de Tui. Neste seu escrito, a asemblea de sociedades protestaba “enérgicamente contra el fallo del Tribunal Supremo aprobando el acta de Ordóñez, producto de falsedades, como puede demostrarse en nueva elección cuando se quiera” e, en consecuencia, manifestaba non recoñecer nin admitir “esa representación usurpada, considerando única y legal la que conferimos a Portela Valladares con nuestros votos por una mayoría aplastante”. O escrito finalizaba rogando “su valioso concurso a la verdad en el Congreso para que no prevalezca esa monstruosidad”. Se este texto das sociedades era contundente, moito máis dura era a opinión do xornal no texto que o acompañaba:
“Eso de que pueda ser representante de un distrito un individuo que no cuenta con la confianza de la mayoría popular, que se ha probado que no tiene más que unas docenas de votos y que sólo confió en la capacidad de delinquir de los organismos oficiales para atreverse a presentar su candidatura, es algo tan enorme que, aun no perdiendo de vista la corrupción de los tribunales de justicia y de las oligarquías políticas, resulta imposible creerlo”. O anónimo redactor finalizaba en termos similares ao texto dos agrarios: “La del Parlamento es la única justicia que se espera para que los ciudadanos dignos y honrados sepan a qué atenerse”.
Dous días despois, no número do día 7, cando xa todo estaba decidido, La Zarpa titulaba o seu editorial “Comentarios a un atraco / Podredumbre nada mas que podredumbre”, que comezaba con estas frases de escepticismo: “El acta de Tuy fué aprobada en el Congreso, como lo había sido en el Supremo. A nosotros no nos sorprende. Nada de lo que se fragüe en las cloacas de la política cortesana pude sorprendernos, ni aun lo más monstruoso. ¿Cabe mayor monstruosidad que lo sucedido con el acta de Tuy” e acababa con estas outras de descalificación absoluta: “Qué consideración pueden ofrecer al pais unos Tribunales y un Parlamento así? ¿Qué elemental consideración pueden inspirar al ciudadano que contempla atónito o aterrado, cómo tales organismos prevarican y escarnecen la verdad y la ley y la soberanía popular?
Nese mesmo número figuraba o artigo de Antón Villar Ponte “Cristalizaciós”, tamén referido ao tema. O vivariense toma o sucedido como un exemplo máis de que os galegos non deberían seguir consumindo os esforzos que para se redimir precisa Galicia “en loitas eleitoraes estériles”. Para el, na liña defendida pola ING, a “abstención dos galegos conscentes na políteca castelán, o boicot de Galiza a toda políteca centralista, é o camiño da nosa liberdade”.
Xa no número do sábado 9 de xuño, cando a intervención de Portela Valladares xa estaba publicada no Diario de Sesiones do Congreso, La Zarpa considerou dala a coñecer na súa integridade baixo o título “El acta de Tuy en el Congreso / La elocuentísima impugnación de Portela Valladares”. Tamén Rexurdimento, o voceiro da Irmandade Nazonalista Galega, que, como vimos en entregas anteriores, se manifestara totalmente en contra de participar de calquera xeito, mesmo emitindo o voto, nesas eleccións, xa que nada bo nin novo lle ían traer a Galicia, se viu na obriga de dicir algo ao respecto do desenvolvemento da elección en Tui, e así, na sétima entrega de 1923, incluiu o artigo “Pra os que crén que pode traballare pol-a libertade da Terra quen pertenza a un partido políteco español”, onde recolle informacións tomadas de Galicia e de El Socialista de Madrid. Deste segundo recolle a seguinte:
“El señor Portela Valladares combatió el acta de Tuy. Ni un solo diputado de la mayoría votó con él. A no ser por los diputados socialistas, que pidieron votación nominal contra el señor Ordóñez, el acta de este señor hubiera pasado sin pena ni gloria.
Los agrarios gallegos han tenido un nuevo fracaso. No sabiendo escoger con acierto su camino, se han entregado ala política vieja -aunque el señor Portela Valladares, don Emiliano y demás agrarios improvisados se adudiquen el papel de renovadores- y están recogiendo las consecuencias.
Portela, liberal, fue combatido con saña por el Gobierno. ¿Quién engaña a quién? ¡Pobres agrarios, entregados a la voracidad del conde de Bugallal y de sus aliados los liberales!”. O artigo continúa:
“He aquí una prueba de lo que decimos. En favor del acta del señor Ordóñez, por Tuy, votaron los siguientes señores: (pon os nomes); total: 69.
Reformistas, liberales y conservadores en maridaje de afianzamiento caciquil, sancionaron el despojo. En contra sólo lo hicieron los siguientes diputados: (pon tamén os nomes); total: 8. Es decir, de ocho diputados, cuatro son socialistas, dos monárquicos y dos republicanos. La minoría republicana parlamentaria acude en masa, con Lerroux a la cabeza, a votar para presidente del Congreso al señor Álvarez; pero esos diputados republicanos, cuando hay que defender el derecho del pueblo, atropellado por los caciques no están en su sitio, no hablan ni votan”. O autor do artigo acaba preguntándose se despois de todo iso “a nova Asamblea da Confederación agraria acorda seguir tolerando e apoiando ós que pertenezan a partidos políticos hespañoes”.
Como se ve non coinciden, nin o número de votos nin no grupo que pedira a votación nominal, nas informacións de El Socialista e de Galicia, procedente da axencia Febus, se ben, no remate de contas, tanto ten.









