
O colexio Lestonnac de Ferrol celebrou o luns unha sesión de zumba para conmemorar o Día Mundial da Saúde que se celebra cada 7 de abril. O grupo Pasiño a Pasiño do centro educativo foi o encargado de organizar unha sesión que foi dirixida por un grupo de alumnas de terceiro de ESO e que contou cunha gran participación.
Tamén no marco da devandita efeméride, tivo lugar o día 12 unha xornada dedicada á alimentación saudable, impartida por unha nutricionista, co obxectivo de trasladar aos rapaces a importancia de adquirir hábitos de vida saudables.








