Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

Rexeitamento da Feanpas ao decreto dos comedores escolares da Xunta

0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_obradoiro_redideal_251121_tamara
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
0620_liceo_redideal_251121_tamara
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara

A Federación Comarcal de Anpas de Centros Públicos de Ferrolterra (Feanpas) amosou, a través dun comunicado, o seu “máis absoluto rexeitamento” ao proxecto de decreto presentado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria polo que se regulan os comedores escolares dos centros docentes públicos, actualmente en mans do Consello Escolar de Galicia para a elaboración do preceptivo dictamen previo e que substituirá ao actual (Decreto 10/2007). Ademais de considerar totalmente innecesaria a modificación impulsada pola Xunta, a Federación de Anpas salienta como “especialmente rexeitables” varios aspectos.

Entre eles, o relacionado coas novas modalidades de prestación do servizo de comedor contempladas, entre as que se consolidan o sistema de xestión por Administracións públicas distintas da Xunta de Galiza (modelo d) e por entidades privadas sen ánimo de lucro (modelo e), consideradas na actual norma como “posibilidades excepcionais” e que no novo proxecto de decreto equipáranse á xestión directa dos comedores pola propia Consellería de Educación.

“Non podemos esquecer que a xestión directa é o modelo considerado prioritario pola norma vixente, e polo tanto pretende conseguir a xestión directa en todos os comedores escolares dos centros públicos galegos”, explican desde a Federación. De feito, desde o colectivo defenderon sempre que ten que ser a propia Consellería a que asuma a xestión de todos os comedores dos centros públicos, por ser este un “recurso educativo de carácter complementario, compensatorio e social”.

A Federación de Anpas de Ferrolterra considera innecesaria a modificación da actual normativa

Outro dos aspectos criticados pola Feanpas ten que ver coas condicións xerais da contratación do servizo de comedor escolar, nas que, segundo din, “resulta alarmante e absolutamente inaceptable” o apartado nos que se recolle que nos casos no que a xestión do servizo sexa a través de entidades privadas sen ánimo de lucro (modalidade e), “a contratación poderá facerse de xeito directo, sen o imprescindible control que supón a adxudicación mediante o procedemento administrativo de contratación, regulado para as Administracións Públicas e garantía de calidade e obxectividade (oferta pública, mesa de contratación, pregos de condicións técnicas...)”.

Nestes mesmos casos, a Federación pregúntase quen fiscalizará e controlará o cumprimento dos requisitos económicos das familias á hora de optar ás bonificiacións recollidas na norma.

Desde a Federación de Anpas califican de “inaceptable” a supresión de controis na adxudicación de fondos públicos nos tempos que corren.

Nun terceiro punto, consideran especialmente rexeitable a modificación que o novo proxecto de decreto supón, con respecto á regulación vixente, no tocante á “supresión da gratuidade do servizo ás alumnas e alumnos con dereito a transporte escolar gratuíto”, sobre todo tendo en conta, subliñan, que o devandito servizo debe incluírse dentro do “dereito fundamental á educación”.

Desde a Feanpas pensan que “os alumnos e alumnas obrigados á utilización do transporte escolar e do comedor escolar por non ter un centro educativo próximo ao seu domicilio xa teñen que soportar impedimentos dabondo na súa formación, como para ter aínda que pagar o custo desta imposición”.

A agrupación de Anpas de Ferrolterra expresa finalmente a súa decidida vontade a “apoiar a máis firme oposición social” á nova norma.

0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251121_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina